Entrevista na Radio Municipal de Tomiño ao entrenador e a capitana, antes da primeira xornada de liga:
(5/11/2009) Sara González Rodríguez ficha polo FC Tomiño Femenino
A xogadora Sara González Rodríguez ficha polo FC Tomiño feminino. A xogadora nada en Tui e con 20 anos xa ten un curriculum envidiable, con 4 anos xa se iniciara no do fútbol no Tide FC hasta os 15 onde pegou o seu primeiro salto a primeira nacional fichando polas arousanas, tal foi a súa progresión que debutou ca selección galega sub-21, xa alcanzada a mayoría de idade ficha polo Pontevedra FC, a súa progresión foi tal que debutou ca selección galega sub-25, coa selección galega absoluta e coa selección española no campionato europeo sub-19, un ano despois ficha polo equipo da superliga femenina L´Estartit e xa con 20 anos decide volver a Tui e fichar polo FC Tomiño femenino equipo co que debutou o pasado domingo marcando un gol e deixando outro en bandexa, a pesar diso as tomiñesas caeron derrotadas nun partido bastante igualado por fases, e que rematou cun tres a dous a favor do SR Casablanca de Vigo. Na próxima xornada as tomiñesas reciben no Campo do Alivio as 16.30 o Vilariño CF outro equipo debutante na categoría.
O campo no que xogan:
View Larger Map




